miércoles, 14 de octubre de 2015

CASTELAO




 Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 30 de xaneiro de 1886 e finado no exilio, en Buenos Aires (Arxentina), o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Foi homenaxeado co segundo Día das Letras Galegas, no ano 1964. En decembro de 2011 a Xunta de Galicia declarou a súa obra como Ben de Interese Cultural inmaterial.



 Naceu o 30 de xaneiro de 1886[2] en Rianxo, sendo o primeiro fillo de Mariano Rodríguez Dios, mariñeiro dedicado a facer velas para barcos[3] (m. 12 de novembro de 1932), e de Joaquina Castelao Gemme (m. 24 de xaneiro de 1945).
Sendo cativo foi veciño dos Dieste e moi amigo de Eduardo, irmán do futuro escritor rianxeiro Rafael Dieste[3]. Asistiu á escola privada de Xoan Vidal e despois á escola pública de Rianxo[7].
A finais de 1895, Daniel emigrou coa súa nai para ir vivir co pai en Bernasconi, na Pampa. Ambos embarcaron, como tantos emigrantes, no porto de Vilagarcía de Arousa no bote Lloyd Norte, propiedade dunha empresa alemá.
Residiu na Arxentina até o 1900 e alí, segundo el mesmo conta, descubriu o valor da caricatura lendo Caras y Caretas, onde Xosé María Cao Luaces publicaba as súas caricaturas.
En 1900 deciden volver para que Castelao estude medicina en Compostela
De 1900 a 1903, Castelao estudou no Instituto Xeral e Técnico o bacharel de Artes e, entre 1903 e 1909, cursou a carreira de Medicina na Facultade da Universidade de Santiago de Compostela. Xa alí prendeu a idea en Castelao dunha Galiza "máis xusta, máis libre, máis farturenta"
Durante os seus anos na universidade agroma tamén o seu interese polo debuxo e a pintura, e en especial pola caricatura, ademais de pola música, posto que tocaba na tuna
Entre 1909 e 1910 fixo un curso de doutorado en Madrid e participou nos II e III Salón Nacional de Humoristas, á vez que colaboraba como ilustrador con El Cuento Semanal. Acadou unha medalla de ouro na Exposición Rexional de 1909 de Santiago, co tríptico Unha festa na aldea.
É nese momento en que reside en Madrid cando lle confesa ó seu pai que é "artista antes que nada" e que "non pensei en ser doutor máis que por satisfacelo a vostede. Eu son artista e a miña ambición so é vivir da arte, o contrario sería a miña desgracia"
O 19 de outubro dese ano 1912 casou con Virxinia Pereira Renda


O 1º de febreiro de 1914 naceu na Estrada o seu único fillo, Alfonso Xesús de Braga
Así, en decembro de 1915 vai a Madrid a opositar a funcionario do Instituto Xeográfico Estatístico, á vez que aproveita para participar nunha Exposición de Humoristas e na Exposición de Belas Artes de Madrid, na que obtén grandes eloxios da crítica. Aprobada a devandita oposición, comeza a traballar como auxiliar de Estatística en Pontevedra a principios de 1916, onde residiría xa ata 1936.
En Pontevedra comeza a colaborar axiña cos intelectuais da vila e nos círculos culturais que alí existían, como a charla do farmacéutico Perfecto Feijoo, o coro Aires da Terra e na creación da Coral Polifónica (en 1925). O Castelao escenógrafo naceu precisamente para os decorados dunha das representacións desta Coral. Máis adiante, en 1927, participará como membro fundador do Museo de Pontevedra
O 3 de xaneiro de 1928 morreulle o seu fillo Alfonso Xesús, sen cumprir aínda os 14 anos e despois dunha infancia con continuos problemas de saúde[25], o que o deixa tan abatido que practicamente deixa de escribir e debuxar durante case dous anos.
Trala caída de Miguel Primo de Rivera a principios de 1930 xorden en Galiza os primeiros movementos dirixidos á constitución do galeguismo político ó redor da Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA) e da convocatoria da VI Asemblea Nacionalista, na que Castelao participa en representación do Partido Galeguista de Pontevedra
En xullo de 1933 foi nomeado académico de número da Real Academia Galega,[29] a proposta de Marcelo Macías García, Vicente Risco e Ramón Otero Pedrayo, e o acto de ingreso realizouse en 1934. O 25 de xullo deste ano Castelao tomou posesión trala lectura do seu discurso sobre As cruces de pedra na Galiza, texto preparatorio do que sería o libro que se publicaría moito despois, trala súa morte.

Castelaopo.jpg

A revolución de Asturias e a proclamación da república en Cataluña en outubro de 1934 dá lugar a unha violenta reacción do goberno conservador que reprime duramente calquera actuación da esquerda. É o que se coñece como Bienio negro. Como consecuencia en Galicia, o Partido Galeguista é practicamente descabezado, as súas sedes pechadas e a publicación A Nosa Terra suspendida.
Castelao foi desterrado por medio dun traslado administrativo forzoso a Badaxoz a finais de outubro de 1934
Castelao marchou a Madrid xa a primeiros de xullo e agardou alí á Comisión que entregaría oficialmente o proxecto ó Goberno. O día 14 de xullo reuníronse co Presidente das Cortes, Diego Martínez Barrio, e o 17 con Manuel Azaña, Presidente da República. O día seguinte comeza a Guerra Civil.
Esta mesma circunstancia permitiu tamén a salvación do material que levaba consigo, do que formaban parte os debuxos para As cruces de pedra na Galiza e outros textos. Nunha carta a Otero Pedrayo o 3 de xuño de 1936 expresaba así o medo que sentía polo futuro inmediato: "Esto vai mal. Cada día pior. Non se sabe o que vai pasar. Eu teño medo".
Castelao xa nunca volvería a Galiza
Por fin, en abril de 1940 recibe a ansiada "Carta de residencia" na Arxentina que lle ía permitir deixar os Estados Unidos e ir vivir a ese país, instalándose definitivamente en Buenos Aires, onde chega en xullo de 1940.
En xuño de 1949 escribía escusando a súa presenza nun acto do Centro Pontevedrés de Buenos Aires que "estou absolutamente seguro de repoñer a miña saúde e de acompañalos no ano próisimo, por este xa se vé que non é posible"; en decembro escribía ao seu amigo Manuel Roel: "Estou enfermo pero sandarei. Algún día nos veremos na verde Betanzos".
O día 2 de xaneiro de 1950 ingresárono no Sanatorio do Centro Gallego de Buenos Aires, o 4 operárono pero non consegue recuperarse da operación e morre pouco antes da medianoite do 7 de xaneiro, sen chegar a cumprir os 64 anos. Foi embalsamado para cumprir o seu desexo de, algún día, regresar a Galiza
Non cabe estrañarse da censura que estableceu o goberno de Franco sobre toda a obra de Castelao

Os seus restos mortais foron repatriados e levados para o Panteón de Galegos Ilustres, no convento de San Domingos de Bonaval (Santiago de Compostela), o 28 de xuño de 1984, coincidindo co aniversario do plebiscito que aprobou o Estatuto de Galiza[44], en medio de manifestacións nacionalistas que acusaban as autoridades de que "os que o exiliaron agora fanlle honores". Cómpre destacar o desexo de Castelao de que o seu corpo, de morrer no desterro, fora repatriado a Pontevedra[45], xa que se consideraba pontevedrés pola miña propia vontade e pola identificación coas terras e xentes de Pontevedra
Castelao define o seu ideario como un ideario nacionalista galego, federalista, pacifista, progresista e universalista



Sinaturacastelao grafo oleo.jpg



CARICATURAS DE CASTELAO:











 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

OLA, DEIXA A TÚA MENSAXE AQUÍ SE QUERES COMUNICARTE COMIGO! UN SAÚDO!

Free ABC Block MySpace Cursors at www.totallyfreecursors.com